Programa formativo "blended learning" da Rede Eusumo

PROGRAMA FORMATIVO BLENDED LEARNING DA REDE EUSUMO
• A Rede Eusumo promove 4 módulos formativos gratuítos en formato blended – learning (formación mixta: en liña – presencial) relacionados co emprendemento e a consolidación de empresas cooperativas. Esta actividade está integrada no plan de actuación da rede para este ano 2015.
• Estos módulos permitirán aos asistentes percorrer catro escenarios crave no proceso de constitución e maduración dun proxecto empresarial cooperativo.
• Cada módulo terá unha duración estimada de 20 horas, combinando formación presencial (4 horas) con formación en liña titorizada (16 horas) de forma individualizada.
A Dirección de Traballo e Economía social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Rede Eusumo, continúa apostando pola fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.
No plan de actuación 2015 da Rede Eusumo intégrase o programa formativo blended learning da Rede Eusumo, un programa integrado por 4 módulos formativos gratuítos en formato blended – learning (formación mixta: en liña – presencial) relacionados co emprendemento e a consolidación de empresas cooperativas.
Cada un dos catro módulos permitirán aos asistentes percorrer catro escenarios crave no proceso de constitución e maduración dun proxecto empresarial cooperativo:
• Módulo 1: Descubrindo a túa Creatividade: xerando ideas de negocio cooperativo (iniciarase o día 22 de xuño).
• Módulo 2: Desenvolvendo o teu proxecto cooperativo (iniciarase o día 25 de xuño).
• Módulo 3: O proceso da innovación na cooperativa. Da teoría á práctica (iniciarase o día 16 de xullo).
• Módulo 4: A internacionalización nas cooperativas: Saíndo aos mercados exteriores (iniciarase o día 9 de xullo).
Cada módulo terá unha duración estimada de 20 horas, combinando formación presencial (4 horas) con formación en liña titorizada (16 horas) de forma individualizada.
Este programa formativo vai dirixido a aquelas persoas interesadas en emprender baixo a fórmula cooperativa e a cooperativas existentes que queren consolidar os seus proxectos empresariais.
Inscrición:
O programa formativo ten carácter gratuíto.
Podes inscribirche de forma individualizada a cada un dos módulos ou de forma conxunta a todo o programa formativo.
Prazas limitadas a 20 persoas por módulo.
Prazo de inscrición: día anterior ao comezo de cada módulo. Se queres inscribirche de forma conxunta a todo o programa formativo, prazo 21 de xuño.
Entregarase diploma de acreditación de participación.
Pódeste inscribir facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico no teléfono 981 55 80 08 ou en info@eusumo.coop
Para máis información:
Tlf: 981 55 80 08
www.eusumo.coop
info@eusumo.coop