PROGRAMA ESPECIALIZADO: Formación xerencial para cooperativas e entidades de economía social

Espazocoop organizada a seguinte xornada como formación xerencial especializada:
FISCALIDADE COOPERATIVA AVANZADA
Datas: do 23 ao 30 de maio
Horario: de 09:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:30 horas
Lugar: Escola Universitaria de estudos empresariais, Campus Torrecedeira, aula 22, 2º andar, rúa Conde de Torrecedeira, 105 (Vigo)
Duración: 15 horas
Destinatarios: preferentemente cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop: socias/os e asalariadas/os que estén en áreas de dirección, consellos reitores, ou postos relacionados coa temática desta acción formativa, pero tamén outras cooperativas, organizacións de economía social e calquera outra interesada.
Obxectivos:
- Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas e entidades participantes.
- Mellorar os procedementos e sistemas de dirección empresarial mediante operativas adaptadas ao modelo.
- Divulgar, de forma práctica, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos procesos.
- Potenciar o coñecemento mútuo e intercambio de experiencias que permitan establecer alianzas futuras.
Programa formativo:
1. Calificación fiscal da cooperativa
2. Especial protección fiscal no Imposto de Sociedades
3. Resultados cooperativos e Extracooperativos: Contabilización separada
4. Liquidación do Imposto de Sociedades nas CTAs
5. A normativa sustantiva
6. Consultas tributarias relacionadas
Inscrición:
- gratuíta para cooperativas socias de Espazocoop
- para o resto 100 €
- a través do seguinte formulario ou en patane@espazo.coop
Podes acceder ao programa completo premendo aquí.
Se queres visualizar o cartel preme aquí.
Docentes
Carmen Herrera Sorroche - Economista, Responsable da Área Económico Financeira de FEVECTA (Federación Valenciana de Empresas Cooperativas de Traballo Asociado).
Lucía Álvarez Calvo - Licenciada en ADE. Asesora Fiscal e Contable. Formadora. Colaboradora IFFE Business School e FEUGA en formación fiscal e contable.