Programa de Internacionalización do sector agroalimentario galego: Asesoramento a empresas cooperativas do sector agroalimentario galego no acceso rápido a mercados exteriores

A Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Escuela de Organización Industrial promoven un programa de asesoramento para a mellora da competitividade das cooperativas, SAT e confrarías de pescadores.
O programa consta de dúas partes:
A primeira parte consistirá no estudo da cooperativa/SAT/confraría para analizar o seu modelo de negocio actual e realizar un completo informe detallado que comprenderá tanto o modelo de negocio como as recomendacións para as potenciais melloras que se poidan introducir nel.
Unha vez analizado e realizado o plan de negocio analizarase a posibilidade de realizar unha estratexia de internacionalización personalizada para os participantes e adaptada ás súas necesidades, establecendo no caso de que non os tivese na actualidade, que recursos necesitaría e en que prazos sería conveniente que fose introducindo a internacionalización na súa actividade, así como os mercados que resultarían máis adecuados a cada un deles.
A segunda parte consistirá na realización dun informe detallado e personalizado da estratexia de internacionalización daqueles beneficiarios que no momento actual ou a medio prazo teñan maior potencial de acceso a mercados exteriores.
Que beneficios reciben os participantes?
Todos eles recibirán un plan de negocio detallado da súa actividade adaptado aos modelos solicitados por institucións públicas, institucións financeiras, ou posibles colaboradores (investidores, distribuidores…). Plan que ademais é dinámico, achegando ao beneficiario as ferramentas necesarias para que o poida ir adaptando á evolución do seu negocio.
Todos eles recibirán un informe detallado do seu potencial presente ou futuro de internacionalización con recomendacións específicas para a adaptación da súa actividade aos mercados internacionais así como o tipo de mercados máis adecuados para cada un dos beneficiarios
Os 30 beneficiarios con maior capacidade de internacionalización recibirán un plan de internacionalización viable, personalizado e adaptado ás súas capacidades e expectativas.
Como o imos facer?
A través dun asesoramento personalizado a cada un dos beneficiarios nos seus propios centros de traballo e mediante citas previamente establecidas e acordadas co beneficiario
Cando o imos facer?
Ao longo do mes de outubro.
Quen o vai facer?
Consultores e formadores homologados de EOI cun mínimo de 15 anos de experiencia tanto en empresa como en internacionalización e cun gran coñecemento das institucións.
Toda a información fornecida polos beneficiarios será de carácter confidencial.
Como inscribirse?
Enviando a ficha de inscrición ao correo electrónico mariajosecano@eoi.es
Descargue o formulario de inscrición aquí
Para inscribirse no programa non é necesario ter asistido ás xornadas de presentación do mesmo.