Premios Emprendemento rural innovador 2024

A Fundación Roberto Rivas, entidade socia da Rede Eusumo, organiza os premios "Emprendemento rural innovador", durante o Foro de Emprendemento Rural 2024.
Os Premios ao Emprendemento Rural Innovador 2024, impulsados pola Fundación Roberto Rivas, recoñecen proxectos que fortalecen o tecido rural en España a través da innovación e a creación de oportunidades económicas. Con 10.000 euros para o gañador principal, premios en metálico para todos os finalistas e visibilidade no Foro de Emprendemento Rural, este premio é unha plataforma para iniciativas que transforman e revitalizan as zonas rurais do país.
Dirixido a: emprendementos con menos de cinco anos que operen en municipios de menos de 20.000 habitantes, valorarase especialmente aqueles que promoven o asentamento da poboación rural, con impacto positivo en emprego e sustentabilidade, e que favorecen a participación de mozas e mulleres.