As potencialidades da economía social nas industrias culturais e creativas
Título: As potencialidades da economía social nas industrias culturais e creativas
Descrición: A través desta xornada preténdese achegar a economía social como un sector idóneo para impulsar proxectos culturais e creativos, repasando as tendencias existentes nas industrias culturais e creativas. Así mesmo, amosaranse experiencias de proxectos de economía social nas industrias culturais e creativas.
Público: Esta acción está dirixida a todos os interesados na economía social e nas oportunidades de emprendemento que ofrece
Duración: 2 h
Datas: 20 de marzo. De 11:30 a 13:30
Lugar: Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo - Rúa Virxe da Cerca, 32 15703 Santiago de Compostela
A inscrición pode realizarse a través do teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.es ata o 19 de marzo
Actividade desenvolvida pola Rede Eusumo.