POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO? Habilidades sociais para contornos cooperativos. (Vilagarcía de Arousa))

Con este curso preténdese desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo. Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais. E descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.
OBXECTIVOS:
- Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo.
- Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
- Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.
PROGRAMA:
- MÓDULO 1.- ACHEGÁNDONOS AO XEITO DE TRABALLAR NA COOPERATIVA.
- MÓDULO 2.- DESENVOLVENDO HABILIDADES PARA O TRABALLO GRUPAL.
CONTIDOS:
1º sesión.- Presentación de Ugacota e da Rede Eusumo. Como se traballa nunha cooperativa? Habilidades Sociais e persoais: Habilidade para manexar emocións. Autocoñecemento. Autoestima.
2º sesión.- Habilidades de comunicación: A Comunicación. A escoita activa. Barreiras na Comunicación. Empatía e asertividade. Habilidade para xestionar críticas, peticións e eloxios.
3º sesión.- Habilidades de xestión social: Traballo en Equipo. Características do traballo en equipo. Vantaxes e inconvintes. Fases de maduración do equipo. Os roles nos equipos de traballo.
4º sesión.- Toma de decisións: Tipoloxía. A toma de decisión en grupo, vantaxes e inconvintes. Fases e factores que inflúen na toma de decisións.
DIRIXIDO A:
Persoas interesadas en desenvolver habilidades para o traballo en equipo
Grupo mínimo: 12 persoas
Grupo máximo: 20 persoas
DATA INICIO 15/03/2016 DATA FIN 18/03/2016 DURACIÓN 20 horas
HORARIO De 9.30 a 14.30 h
LUGAR CELEBRACIÓN: Entidade Adherida á Rede Eusumo na Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía. Avda. Doutor Tourón, 46 – 36600 Vilagarcía de Arousa
Persoa de contacto Rosa Álvarez Bernárdez
teléfono 981 575 578
e-mail rosaab@ugacota.coop
Descargue o programa pulsando aquí
Inscrición: Preme aquí