Peche do proxecto Coopera +

O proxecto Coopera+ pechouse o pasado mes de xuño nun acto acto, organizado polo Consello Galego de Cooperativas e presentado pola directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso Montero, quen destacou que o proxecto nace polo valor do tecido produtivo cooperativo na rexión de Galicia e Norte de Portugal, que conta con 2.000 cooperativas que empregan ao 2% da poboación activa da zona.
O obxectivo deste proxecto foi o de articular medidas que contribuísen ao fomento e consolidación das cooperativas na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, co fin de xerar máis e mellores empregos, mediante a realización de accións de asesoramento, formación e información dos diferentes axentes galegos e portugueses vinculados á promoción do cooperativismo e da economía social.
Estas iniciativas pasaron pola creación dunha Unidade Transfronteiriza de Asesoramento Cooperativo (UTAC), o desenvolvemento de ferramentas de apoio para os labores de asesoramento e a dinamización da UTAC, así como accións para fomentar o emprego mediante a creación de cooperativas para a profesionalización do emprego.