OURENSE COOPERATIVO

A Agrupación de Concellos de Ourense (Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro, Vilamarín e Ourense), como Oficina de Fomento Cooperativo e  da Economía Social integrada na Rede Eusumo, organiza no mes de setembro o programa OURENSE COOPERATIVA un programa de actividades que te permitirá identificar oportunidades de negocio, innovar, mellorar na xestión do teu proxecto e crecer en novos mercados en torno á economía social.

OURENSE COOPERATIVA está conformado por un conxunto de actividades que permitirán aos asistentes identificar oportunidades de negocio, innovar, mellorar na xestión do proxecto e crecer en novos mercados en torno á economía social.

Este programa estrutúrase a través de 3 bloques de actividades enfocados a axudar as persoas e emprendedores independentemente na fase de proxecto na que se atopen:

CREA e INNOVA: Onde están proxectados distintos obradoiros e cursos, presenciais ou en liña, vinculados coa identificación de oportunidades de negocio nos sectores máis dinámicos e con maior potencial da zona xeográfica da Agrupación de Ourense  (TERMALISMO, TURISMO, TIC e CULTURA) e coa creación de empresas de economía social.

XESTIONA: Este bloque de actividades permitirán aos asistentes a aprender a xestionar un proxecto empresarial desde a idea ao negocio.

CRECE: Impúlsase un obradoiro de internacionalización focalizado a amosar as oportunidades existentes de internacionalzación e as características dos procesos que poidan permitir levar a cabo a apertura dun proxecto aos mercados exteriores. 

As actividades de OURENSE COOPERATIVA terán lugar no mes de setembro nos concellos que conforma a agrupación: Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro, Vilamarín e Ourense.

Este proxecto é unha clara aposta por a economía social como o modelo empresarial que mellor se adapta á nova economía de mercado e aos novos tempos porque ser as empresas que mellor se adaptan á nova contorna máis social, por ser ás máis eficientes, onde as persoas son o recurso máis valioso,  que son pola súa natureza as máis colaborativas e que facilitan a responsabilidade social e a sostibilidade.

Programa completo

Para máis información:

comunicacion@ourensecooperativa.gal

www.ourensecooperativa.gal

Luns, 12 September, 2016 - 11:00 to Venres, 30 September, 2016 - 07:30

Compartir