Ordes mima o cooperativismo

A carpa de dous mil metros cadrados despregada no Campo da Feira de Ordes foi a mellor amiga, do mesmo xeito que hai un ano, da presente edición de Expoordes, unha cita sectorial que este ano atraeu a 120 firmas de distintos sectores especialmente vinculados ao mundo do campo.
Tras a visita institucional da noite do venres, e o paseo polo recinto con empresarios do municipio e a contorna, onte celebrouse a xornada máis intensa en canto a programa desta feira multisectorial. Como non podía deixar de ser, os cargos políticos da comarca deixáronse ver por Expoordes, un foro no que pasada a una da tarde houbo tempo para facer un descanso, con petisco incluído a base de produtos elaborados polas cooperativas, verdadeiras protagonistas da xornada, xa que ofreceron viño, froita, queixo, doces e distintos manxares que abundan en Ordes.
A presenza de cooperativas é unha das razóns de ser da feira, non en balde acudiron as firmas Xeira, Nosa Enerxía, A Capela, Condado Paradanta, Eidosela, Frugal, Greleiras de Anxeriz e Pulponor.
Consulte a noticia en: La Voz de Galicia