Oportunidades de emprendemento no sector turístico en Valdeorras

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Barco organiza esta actividade en formato mesa coloquio para identificar oportunidades de emprendemento no sector turístico.
Data: 9 de maio
Horario: de 11:15 h a 13:30 h
Modalidade: presencial
Lugar: Hotel Pazo do Castro (O Barco de Valdeorras)
Con esta actividade preténdese involucrar a diferentes empresas da comarca cara un turismo de calidade, identificando as oportunidades de emprendemento. O debate xirará ao redor de diferentes temas para ofrecer experiencias turísticas máis completas e atractivas, rematando cun obradoiro para a xeración de ideas de emprendemento no sector.
O programa será o seguinte:
11:15 h - 11:20 h | Recepción e benvida
11:20 h - 11:30 h | Mesa Coloquio: experiencia no turismo
- Polo de Emprendemento O Barco
- Pazo de Castro
- Cluster de Pizarra de Galicia
- Adega Alan de Val
- Adega Roandi
- Cova da Xabreira
- Enoturismo Galicia
- A Tenda de Rita
11:30 h - 12:30 h | Dinámica de propostas para obter ideas e opcións de emprendemento que dean resposta ás necesidades do sector
12:30 h - 13:15 h | Exposición das conclusións
13:15 h - 13:30 h | Viño valdeorrés
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web polosemprendemento.gal