Obxectivos, misión e valores da nova entidade Espazocoop

A fusión da Federación de Empresas Cooperativas Sinerxia, a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota e a Unión Galega de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado (Ucetag) leva á creación dunha nova Unión de cooperativas, denominada Espazocoop, quedando as fusionadas disoltas.
O obxecto xeral da Unión será a defensa dos intereses socioeconómicos das cooperativas asociadas, xunto coa promoción de todo canto contribúa a fomentar o prestixio da mesma, a unificación de políticas e de criterios, a harmonía e o espírito societario e a mellora do nivel profesional e humano.
- Representación e defensa dos intereses do cooperativismo
- Promoción e fomento do cooperativismo
- Promoción e fomento da intercooperación empresarial
- Prestar servizos de asesoramento, xestión e formación
Misión, visión e valores da nova unión
Misión
A unión de cooperativas é unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores e que ten como obxectivo agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen, así como a divulgación, o fomento e a consolidación do cooperativismo, como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico, no marco da economía social e solidaria.
Visión
A unión de cooperativas aspira a ser a entidade de referencia no ámbito do cooperativismo galego, no marco da economía social e solidaria, con vocación de influencia na sociedade e de transformación social, consolidando os valores e principios cooperativos e colaborando na consecución dunha economía baseada na primacía das persoas, o desenvolvemento sostible e a responsabilidade social.
Valores
A unión de cooperativas ten como referencia e marco de funcionamento principios e valores compartidos, que forman parte da súa cultura e identidade, como ser aberta; autónoma e independente; participativa; ter interese pola comunidade; practicar a responsabilidade social, a sustentabilidade; a solidariedade, cooperación, a axuda mutua, as relacións de traballo digno e en equipo, a colaboración e intercooperación; a transparencia e a xetión ética, a innovación, mellora continua, igualdade de xénero ou a defensa da cultura e lingua galegas.
Fonte: Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA-Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia UCETAG-Federación de Cooperativas SINERXIA
Contacto: Nuria González – nuria@ugacota.coop – 986 13 65 92