OBRADOIRO POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO?

DATA INICIO: 02/03/15 DATA FIN 05/03/15

DURACIÓN: 20 horas

HORARIO: 10:00-15:00

 

OBXECTIVOS:

· Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo.

· Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.

· Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.

 

PROGRAMA:

- MÓDULO 1.- ACHEGÁNDONOS AO XEITO DE TRABALLAR NA COOPERATIVA.

- MÓDULO 2.- DESENVOLVENDO HABILIDADES PARA O TRABALLO GRUPAL.

 

CONTIDOS:

1º sesión.- Presentación de Ugacota e da Rede Eusumo. Como se traballa nunha cooperativa? Habilidades Sociais e persoais: Habilidade para manexar emocións. Autocoñecemento. Autoestima.

2º sesión.- Habilidades de comunicación: A Comunicación. A escoita activa. Barreiras na Comunicación. Empatía e asertividade. Habilidade para xestionar críticas, peticións e eloxios.

3º sesión.- Habilidades de xestión social: Traballo en Equipo. Características do traballo en equipo. Vantaxes e inconvintes. Fases de maduración do equipo. Os roles nos equipos de traballo. Toma de decisións: Tipoloxía. A toma de decisión en grupo, vantaxes e inconvintes. Fases e factores que inflúen natoma de decisións.

4º sesión.- Habilidades de xestión: O conflito. Tipos de conflito. Factores e estratexias para a resolución deconflitos. Estilos de resolución de conflitos.

 

METODOLOXÍA

Activa e participativa coa utilización de medios audiovisuais e actividades prácticas de reflexión e debate.

A acción formativa configúrase en 4 sesións de 5 horas de duración cada unha. En cada sesión traballarase

sobre unha habilidade específica, desenvolvendo dinámicas e actividades colaborativas e contextualizando a

actividade no marco da xestión da cooperativa.

 

EQUIPO DOCENTE

Formado por persoal técnico con contrastada experiencia en asesoramento cooperativo e docencia:

 

DIRIXIDO A

Persoas interesadas en desenvolver habilidades para o traballo en equipo

Grupo mínimo: 12 persoas

Grupo máximo: 20 persoas

Localización : Entidade Adherida á Rede Eusumo na Deputación de Pontevedra
Contacto : Patane García Méndez teléfono 881887456 e-mail patane@ugacota.coop
Luns, 2 March, 2015 - 03:00 to Xoves, 5 March, 2015 - 08:00

Compartir