Obradoiro: Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais en Beariz

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza esta actividade no marco da Rede Eusumo:
OBRADOIRO "GOBERNANZA COOPERATIVA NAS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS"
Data: Do 25 de febreiro ao 1 de marzo
Horario: de 17:00 - 20:00 horas
Lugar: no Salón de Actos do Concello de Beariz, r/San Pedro, 2, Beariz (Ourense)
Destinatarios: orientado a persoas involucradas ou interesadas na xestión dos montes veciñais
Obxectivo: amosar vías de impulso da rendibilidade dos montes baixo o réxime de xestión cooperativizada, favorecendo o emprendemento de actividades económicas e a xeración de emprego, especialmente entre a xuventude
Programa: desenvolverase en cinco xornadas temáticas:
- Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural
- Gobernanza e organización cooperativa das Comunidades de Montes Veciñais
- Fiscalidade
- Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais
- Instrumentos de ordenación ou xestión forestal
Podes consultar o programa completo premando aquí.
Inscricións: no 981584783 ou www.agaca.coop