Obradoiro: Formación para cadros directivos de cooperativas

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

FORMACIÓN PARA CADROS DIRECTIVOS DE COOPERATIVAS
 

Datas: do 8 ao 23 de outubro

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop
Habendo dúas sesións virtuais de aprendizaxe: os días 8 de outubro (sesión inicial) e 23 de outubro (sesión final) en horario de 12:30 a 14:00 horas.

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas socias e asalariadas das cooperativas que teñan funcións e ou responsabilidades nos cadros directivos das súas organizacións ou que estean interesadas en desenvolver as súas capacidades para desenvolver estas funcións.

Obxectivos: 

- Desenvolver unha axeitada función xerencial nas cooperativas e empresas de economía social. Amosar dende a práctica as condicións necesarias para a xestión do modelo cooperativo.
- Contribuír a poñer en valor as achegas sociais e económicas.das cooperativas .
- Dar a coñecer recursos e ferramentas útiles para as persoas socias e os equipos das cooperativas e empresas da economía social.
- Potenciar a creación de redes de intercambio e colaboración entre as persoas participantes

Módulos:

Módulo 1: Formación en xestión cooperativa
Módulo 2: Habilidades sociais e organización societaria en cooperativas
Módulo 3: Plan de mellora e recursos disponibles

Contido formativo:

  • A economía social, unha forma propia de facer empresa. Especificidades das empresas da economía social, nomeadamente da fórmula cooperativa. Características básicas. O marco: As empresas de economía social en Galicia. Plan Estratéxico do Cooperativismo. Casos de boas prácticas. O Organigrama. Os órganos rectores. O papel de empregado/a e xefe/a. Casos prácticos.
  • As habilidades sociais para a cooperación. A toma de decisións cooperativa. O liderado nas cooperativas e empresas da economía social. Comunicación, empatía e asertividade. Organización cooperativa. Coñecemento dos órganos sociais e do seu funcionamento práctico. A función xerencial en relación aos órganos sociais. O Regulamento de Rexime Interno. Asembleas e xuntanzas.
  • A área comercial e de mercado e área económico-financeira. Producto, prezo, clientes, provedores, competidores, a intercooperación. A realidade da economía social neste área. A ferramenta de plan de mellora aplicada a este ámbito. Casos prácticos. Especificidades. A contabilidade e fiscalidade. As contas previsionais (resultados e tesourería previsional). Casos prácticos.
  • A planificación estratéxica e ferramentas para o plan de mellora. e Misión, visión, obxectivos. Diagnose para a mellora. A capacidade emprendedora. A xestión do cambio. A matriz estratéxica. Ferramentas de participación para a definición de obxectivos. Casos prácticos: DAFO inicial. Lista de chequeo. Aplicación práctica da ferramenta de mellora, en relación coas áreas de comercialización, económicofinanceira, organización interna e planeamento. Recursos para as empresas da economía social.

Inscricións:

- Gratuíta
- A través do seguinte formulario.
- Máis información en patane@espazo.coop / 881 887 456 ou www.espazo.coop

Se queres visualizar o  cartel preme aquí.

 

Xoves, 8 October, 2020 - 12:30 to Venres, 23 October, 2020 - 14:00

Compartir