Formación cooperativa para persoas que queren emprender

Espazo Coop, a través da Rede Eusumo, organiza unha nova actividade formativa:
FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER
Datas: 29/01/19 - 01/02/19 - Aplázase: 31/01/19 , 01/02/19, 05/02/19 e 7/02/19
Horario: 09:30 a 14:30 horas
Duración: 20 horas
Lugar: Sala 445 da Facultade de Económicas do Campus As Lagoas - Marcosende, Vigo
Destinatarios: Persoas desempregadas e aquelas, que estando en activo, queiran traballar de forma cooperativa.
Obxectivos:
- Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo.
- Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e as súas achegas sociais e económicas.
- Coñecer unha experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.
Programa formativo:
Módulo 1: O emprendemento
Módulo 2: O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego
Módulo 3: Organización e financiamento
Módulo 4: Experiencia cooperativa
Cartel: se queres visualizalo cartel pincha aquí.
Inscrición: a través do seguinte formulario ou no 986866149 / teresa@espazo.coop