Obradoiro "A fórmula cooperativa nos servizos sociais" en O Grove

· A Rede Eusumo organiza unha Xornada de promoción do cooperativismo en servizos socias titulada “A fórmula cooperativa nos servizos sociais”. Esta actividade está integrada no plan de actuación da rede para este ano 2015. · Esta xornada terá lugar o día 25 de marzo no Concello de O Grove. A través da mesma preténdese amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como o mellor modelo empresarial para impulsar proxectos de iniciativa social. · Estas xornadas van dirixidas tanto a persoas interesadas en impulsar proxectos sociais, como a persoas interesadas en formación relativa as actividades ligadas ás iniciativas sociais.
A Dirección de Traballo e Economía social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Rede Eusumo, continúa apostando pola fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais. No plan de actuación 2015 da Rede Eusumo intégrase a Xornada “A fórmula cooperativa nos servizos sociais”, unha Xornada destinada a amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como o mellor modelo empresarial para impulsar proxectos de iniciativa social. A través destas xornadas se perseguen os seguintes obxectivos:
Esta xornada, dirixida tanto a persoas interesadas en impulsar proxectos sociais, como a persoas interesadas en formación relativa as actividades ligadas ás iniciativas sociais, terá lugar o día 25 de marzo, no Concello de O Grove, no centro de formación Monte das Flores, en horario de 10:00 a 14:00 h.
Inscrición: O obradoiro ten carácter gratuíto. Prazo de inscrición: ata o 23 de febreiro. Pódeste inscribir chamando ao telefono 981 55 80 08 ou a facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico ao enderezoinfo@eusumo.coop
Para máis información: Tlf: 981 55 80 08 |
|||
Localización : Concello de O Grove Contacto : 981558008 info@eusumo.coop |