OBRADOIRO "ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO"

UGACOTA

 

DÍPTICO

 

DATA INICIO 24/02/15 DATA FIN 27/02/15

HORARIO 10:00 – 15:00

DURACIÓN 20 horas

 

OBXECTIVOS:

- Mostrar desde o punto de vista práctico as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.

- Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.

- Elaborar conxuntamente os distintos apartados do plan de empresa do noso proxecto.

- Avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións.

 

PROGRAMA:

Módulo 1.- Introdución ao plan de empresa.

Módulo 2.- Area Comercial e de Mercado

Módulo 3.- Área Económico- Financeira

Módulo 4.- Area Organizativa e trámites de constitución.

 

CONTIDOS:

1º sesión.- Presentación de Ugacota e da Rede Eusumo. O plan de empresa como ferramenta de diagnose e planeamento: modelos e recursos para a súa elaboración. Cuestionarios de avaliación do perfil emprendedor e áreas do plan. O DAFO.

2º sesión.- Área Comercial e de Mercado: o noso produto, servizo, clientes, mercado, competencia, intercooperación.

3º sesión.-. Área Económico- Financeira: Plan de investimentos e financiamento, contas de resultados e tesourería previsional, análise de sensibilidade.

4º sesión.- Area de organización: estatutos e regulamento de réxime interno, acta de constitución, trámites e calendario para a posta en marcha. Ferramentas e recursos.

 

METODOLOXÍA

Activa e participativa coa utilización de medios audiovisuais e actividades prácticas de reflexión e debate.

A acción formativa configúrase en 4 sesións de 5 horas de duración cada unha.

 

EQUIPO DOCENTE

Formado por persoal técnico con contrastada experiencia en asesoramento cooperativo e docencia

 

DIRIXIDO A

Persoas con ideas empresariais para ser desenvolvidas de xeito cooperativo preferentemente.

Localización : Entidade Adherda á Rede Eusumo na Deputación de Pontevedra
Contacto : Patane García Méndez teléfono 881 887456 e-mail patane@ugacota.coop
Martes, 24 February, 2015 - 03:00 to Venres, 27 February, 2015 - 08:00

Compartir