Obradoiro de formación de titoras xerenciais en empresas da economía social

Agaca a través da Rede Eusumo organiza o seguinte obradoiro:

FORMACIÓN DE TITORAS XERENCIAIS EN EMPRESAS DA ECONOMÍA SOCIAL
 

Datas: do 15 ao 18 de xullo

Horario: de 09:00 a 14:00 horas

Duración: 20 horas

Lugar: Sede social de Agaca, rúa Tomiño 22, entrechán, Santiago de Compostela (A Coruña)

Finalidade: O obradoiro cobre as necesidades formativas de persoas candidatas a bolseiras para unha estadía en prácticas na área xerencial dunha cooperativa ou empresa da economía social.

Obxectivos:

- Achegar o modelo cooperativo e das empresas de economía social e as súas características básicas e diferenciadoras a persoas con formación en xestión empresarial.

- Sentar as bases dunha axeitada función xerencial nas cooperativas e empresas de economía social.

- Contribuír a que se coñeza e valoren as cooperativas e as empresas da economía social e as súas achegas sociais e económicas.

 - Dar a coñecer os recursos e ferramentas ao dispor das persoas socias e dos equipos técnicos das cooperativas e empresas da economía social.

- Cubrir as necesidades formativas de persoas candidatas a bolseiras, para unha estadía en prácticas na área xerencial dunha cooperativa ou empresa da economía social.

Programa:

  • A economía social, unha forma propia de facer empresa
  • A planificación estratéxica e ferramentas para o plan de mellora
  • Área económico-financeira
  • A área comercial e de mercado

Inscricións:

- Gratuíta

- 981 584 783 / agaca@agaca.coop

Preme aquí para descargar o programa.

 

Luns, 15 July, 2019 - 09:00 to Xoves, 18 July, 2019 - 14:00

Compartir