Obradoiro "Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa". OURENSE

Dende a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar seguimos apostando polo cooperativismo a través da Rede Eusumo. En consonancia, a Rede Eusumo aposta por mellorar a comunicación e visibilidade das cooperativas coa organización do obradoiro "Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa". A través deste obradoiro os participantes aprenderán a crear, deseñar e autoxestionar o seu propio Blog ou Website a través do manexo do software libre Wordpress. Entre os obxectivos que se perseguen con este taller destacan:
Este Obradoiro, dirixido principalmente ás cooperativas, está estruturado en dúas sesións que se celebrarán os días 10 e 11 de febreiro, en Ourense, nas aulas CeMIT da Xunta de Galicia. Ambas sesións celebraranse en horario de 11:30 a 14:30 h., e serán impartidas de forma práctica e amena, xa que contarán cun ordenador propio para ir avanzando na creación do seu espazo dixital. A xornada ten carácter gratuíto. Máis información: DÍPTICO DO OBRADOIRO
|
|||
Localización : Ourense; Aulas CeMIT de Ourense Rúa do Progreso, 44, 32003 Ourense Contacto : Pódeste inscribir facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico no teléfono 981 55 80 08 ou en info@eusumo. |