Obradoiro: Apoderamento de mulleres socias de cooperativas

Agaca, a través da Rede Eusumo, organiza un novo obradoiro:

APODERAMENTO DE MULLERES SOCIAS DE COOPERATIVAS
 

Datas: 19 e 26 de novembro e 3 de decembro

Horario: de 16:00 a 21:00 horas

Modalidade: en liña a través do aula virtual

Obxectivos:

- Impulsar o apoderamento e o autoestima.
- Mellora continua da explotación.
- A cooperativa como base da mellora.
- Impulsar proxectos de carácter empresarial, profesional e/ou agroalimentario.
- Impulsar proxectos no ámbito social e/ou asistencial.
- Impulsar proxectos relacionados co apoderamento e a presenza da muller nos órganos directivos das cooperativas.
- Impulsar o emprendemento a través do uso de recursos agrarios ociosos.
- Formar a mulleres socias en novas actividades produtivas mediante exemplos de éxito.

Programa formativo:

  • Presentación do Obradoiro e dinámica de traballo coa plataforma Zoom.
    Nós As mulleres: presentación da asociación, estatutos, socias, posta en marcha, organización…
    Presentación Xunta Directiva de Nós As Mulleres (experiencia persoal, actividade na cooperativa, proxectos, problemática de igualdade, preocupacións...)
  • Liderazgo e motivación.
    Posta en común de experiencias persoais (experiencia persoal, actividade na cooperativa, proxectos, problemática de igualdade, preocupación...)
  • Posta en común de experiencias persoais (experiencia persoal, actividade na cooperativa, proxectos, problemática de igualdade, preocupacións...)
    Xeración de ideas para posibles actividades na asociación, nas diferentes áreas de traballo contempladas nos estatutos.

Inscrición:

- Gratuíta
- A través do 981 584 783 ou agaca@agaca.coop
- Para mais info: www.agaca.coop

Se queres coñecer o programa formativo en detalle preme aquí.

 

Xoves, 19 November, 2020 - 16:00 to Xoves, 3 December, 2020 - 21:00

Compartir