OBRADOIRO “CREANDO UNHA WEB AUTOXESTIONABLE PARA A VOSA COOPERATIVA” EN PONTEVEDRA

O obradoiro “Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa” enmárcase no programa de actuación 2015 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo e a economía social impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar. A través deste Obradoiro preténdese mellorar a comunicación e a visibilidade das cooperativas, onde os participantes poderán crear e deseñar o seu propio Blog ou Website a través do software libre Wordpress. Entre os obxectivos que se perseguen con este obradoiro destacan: Mellorar a comunicación e visibilidade das cooperativas. Ordenar a identidade gráfica da cooperativa. Homexeneidade na representación visual da cooperativa. Actualizar a imaxe. Crear ou mellorar o posicionamento da cooperativa. Abrir novos canles de comunicación a través de internet. Este obradoiro, dirixido principalmente as cooperativas, está estruturado en dúas sesións que se celebrarán os días 27 e 28 de xaneiro nas aulas CeMIT da Xunta de Galicia, nas instalacións da Deputación de Pontevedra. Ambas sesións celebraranse en horario de tarde de 16:00 h. as 19:00 h., e serán impartidas de forma práctica e amena, fomentando a interacción dos participantes. Inscrición: O obradoiro ten carácter gratuíto. Prazo de inscrición: ata o 26 de xaneiro de 2015. Prazas Limitadas. Entregarase diploma de asistencia. Pódeste inscribir facilitando o nome da cooperativa, o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico ao teléfono 981 55 80 08 ou en info@eusumo.coop Para máis información: Tlf: 981 55 80 08 |
|||
Localización : Aulas CeMIT Deputación de Pontevedra Contacto : 981558008 |