O Proxecto Batefogo comeza a camiñar no Concello de #Manzaneda.

O Proxecto Batefogo comeza a camiñar no Concello de #Manzaneda. O Batefogo é un proxecto de intervención social que propón compaxinar de forma eficaz a prevención dos lumes coa dinamización económO Batefogo é un proxecto de intervención social que propón compaxinar de forma eficaz a prevención dos lumes coa dinamización económica e social do medio rural.
Que obxectivos ten? Os obxectivos básicos do proxecto son: reducir o número e o impacto dos lumes forestais, fomentar os usos sustentábeis do monte e a dinamización económica do medio rural, xerar unha nova cultura forestal, pór en valor os elementos patrimoniais e culturais do territorio, promover unha custodia participativa do territorio.
Quen? Esta proposta lánzaa unha equipa multidisciplinar composta por: Miguel Pardellas Santiago, Feitoría Verde, S. Coop. Galega, EnComún Proxectos, S. Coop. Galega e MaOs Innovación Social, S. Coop. Galega.
Para quen? Esta iniciativa está pensada para a súa aplicación en calquera lugar da nosa xeografía e está dirixida a todo tipo de entidade (administración pública, comunidades de montes, etc.) con vontade de póla en acción.
Como? Visita a nosa páxina ‘Metodoloxía‘ para coñecer mellor os pasos e fases que conforman o proxecto.
Contacto: tlf. 609 90 95 64 / proxectobatefogo@gmail.com