O Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa inaugura o ciclo da Rede Eusumo e AGACA para difundir o cooperativismo entre os máis novos

O martes 21 de marzo os estudantes de secundaria do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco inauguraron o ciclo “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito", unha iniciativa impulsada pola Rede Eusumo e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) para dar a coñecer o cooperativismo entre os estudantes.

O obxectivo fundamental desta iniciativa é mostrar aos máis novos este modelo de negocio, para que o consideren como unha alternativa de emprego ao finalizar os seus estudos. A edición anterior consolidouse coa participación de 980 estudiantes e 28 actividades, e agárdase que esta edición sexa igual de positiva.

Os 55 estudantes do centro tiveron ocasión de visitar Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas enfocado no sector do leite. Os estudantes puideron coñecer de preto como se organiza a loxística da fábrica, así como algúns aspectos sobre a súa estratexia de marketing e ata probar mostras dos diferentes produtos procesados en Dairylac.

Esta actividade enmárcase dentro do programa de actuación 2018 da Rede Eusumo, a través da que fomentar o cooperativismo e a economía social.

Mércores, 21 March, 2018 - 18:00

Compartir