O 9 de novembro celébrase en Santiago a xornada "Galicia Camiño Emprendedor"

Un camiño é unha oportunidade para...
O vindeiro 9 de novembro, en horario de 9:30 h a 17:30 horas, terá lugar no Museo Centro Gaias (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela) a xornada Galicia Camiño Emprende.
O obxectivo da xornada é achegar á Comunidade Autónoma de Galicia, aos seus autónomos e ao seu ecosistema emprendedor, a opinión de expertos en diversos eidos que expoñan novas iniciativas, enfoques e metodoloxías que nos inspiren un modelo de emprendemento moderno e sostible.
O aforo é limitado, polo que podes inscribirte aquí.
Se queres máis información, descarga aquí o programa.
Mércores, 25 October, 2017 - 10:45