Novo obradoiro: Dinamización do cooperativismo nun sector con potencial

DINAMIZACIÓN DO COOPERATIVISMO NUN SECTOR CON POTENCIAL

 

Datas: 11, 13, 18 e 20 de xuño

Horario: 09:30 - 14:30 horas

Lugar: Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, rúa Dublín 6, Santiago de Compostela.

Duración: 20 horas

Destinatarios: colectivos, persoas e redes relacionadas co sector obxecto de intervención no ámbito territorial e persoas interesadas en articulalo e difundilo dentro dun proceso de intercooperación e construción de mercado social
dentro da economía social e de acordo cos principios e valores da mesma. Inclúese a persoas demandantes, desempregadas ou activas, con inquedanzas nalgúns dos sectores de estudo.

Obxectivos:

- Detectar e priorizar sectores con potencialidade para o desenvolvemento cooperativo no ámbito do traballo social.
- Coñecer a realidade específica do sector do traballo social en Galicia.
- Procurar modelos alternativos para a dinamización do sector.
- Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.

Programa:

  • Presentación da actividade e dos seus obxectivos
  • Diagnose e problemática do sector
  • O significado de cooperar
  • A cooperativa e os principios cooperativos
  • Tipoloxías de cooperativas
  • Organización cooperativa: a importancia da comunicación
  • O Plan de empresa: a viabilidade social. Casos prácticos
  • O Plan de empresa: a viabilidade económica. Casos prácticos
  • Presentación de boas prácticas cooperativas no sector
  • Elaboración de obxectivos comúns coherentes coa diagnose
  • Conclusións

Inscricións: a través do seguinte formulario.

Maís información  no 981 568 100info@traballosocial.gal

Podes acceder ao cartel premendo aquí.

 

Martes, 11 June, 2019 - 09:30 to Xoves, 20 June, 2019 - 14:30

Compartir