Novo obradoiro: Cooperativas de ensino

OBRADOIRO COOPERATIVAS DE ENSINO. UNHA ALTERNATIVA DE EMPREGO

 

Data: 7, 8, 14 e 15 de maio

Lugar: Aula 22, 2º Andar, E.U.E.Empresariais, Campus torrecedeira, Rúa do conde de torrecedeira, 105, Vigo

Horario: 9:30 - 14:30 horas

Duración: 20 horas

Destinatarios: profesionais do ámbito educativo, da educación social, do tempo libre e doutros ámbitos de educación non formal con interese por coñecer a fórmula cooperativa; persoal asalariado en cooperativas con interese por
entrar a formar parte da mesma e público en xeral.

Obxectivos:

  • Presentar a cooperativa de ensino como modelo de alternativa laboral para quen dexese traballar no eido educativo, incidindo nos valores e principios que rexen o movemento cooperativo.
  • Mellorar o coñecemento sobre os recursos dispoñibles para emprender un proxecto de economía social dentro do campo educativo.
  • Informar sobre a situación actual do sector en Galicia, realidades, perspectivas e opcións de entrada.
  • Presentar experiencias consolidadas, tanto a nivel de constitución de cooperativas como na incorporación como socio/a naquelas xa existentes.

Programa formativo:

- Principios Cooperativos. Cooperativismo Alternativa de Emprego.
- Cooperativas de Ensino. Particularidades. Cooperativas vs Outros Modelos . Lexislación Cooperativa.
- As Persoas Socias na Cooperativa. Organización Interna nas Cooperativas.
- Constitución da Cooperativa. O Proceso. O Plan de Empresa. Organización do Traballo. Análise Económico-Financeiro. Particularidades contables nas Cooperativas. Recursos e Apoios.

Inscrición: a través do seguinte formulario ou no 986 866 149 / teresa@espazo.coop

Para consultar o cartel preme aquí.

 

Martes, 7 Maio, 2019 - 09:30 to Mércores, 15 Maio, 2019 - 14:30

Compartir