Nova teleformación: Regulamento de réxime interno nas cooperativas

TELEFORMACIÓN REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO NAS COOPERATIVAS
Datas: do 8 de abril ao 15 de maio
Duración: 40 horas
Teleformación: MIXTA
2 sesións presenciais que desenvolveranse os días 9 de abril e 7 de maio no Centro Universitario de Riazor, Avda. Almirante Lángara, s/n, A Coruña, en horario de 16:30 a 20:30 horas.
Para ter acceso ao diploma acreditativo é preciso participar nelas.
Destinatarios: persoas que traballan ou colaboran con entidades de economía social e solidaria (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, Centros Especiais de Emprego, Empresas de inserción, Asociacións, Fundacións, etc.) e persoas interesadas nesta temática en xeral.
Obxectivos:
- Presentar os diferentes aspectos da organización interna dunha cooperativa.
- Ofrecer criterios a ter en conta para deseñar un modelo propio adaptado a cada cooperativa.
- Dar a coñecer en que consiste e cal é a función dun regulamento de réxime interno na cooperativa.
- Formular pasos e instrumentos para organizar o proceso de deseño ou revisión dun regulamento interno.
- Presentar modelos de regulación que faciliten a elaboración dun regulamento de réxime interno propio.
Programa:
Tema 1: Introdución
Tema 2: Conceptos previos
Tema 3: Para que serve un regulamento de réxime interno
Tema 4: Proceso de elaboración ou revisión dun regulamento interno
Tema 5: Regular a relación das persoas socias
Tema 6: Órganos sociais das cooperativas
Tema 7: Réxime económico
Tema 8: Organización do traballo
Tema 9: Tempo de traballo
Tema 10: Anticipos societarios
Tema 11:Réxime disciplinario, laboral e outros
Tema 12:Recursos útiles
Inscricións:
- Gratuíta
- A través do seguinte formulario ou no 881 887 456 / patane@espazo.coop