Nova materclass: Claves para emprender en agricultura ecolóxica en Galicia: produción e comercialización

Fundación Roberto Rivas, dentro do programa programa RR_dMentoringa través da Rede Eusumo, organiza a seguinte masterclass:

Claves para emprender en agricultura ecolóxica en Galicia: produción e comercialización
 

Data: 26 de abril

Horario: de 18:00 a 19:30 horas

Modalidade: formacion en liña través da plataforma Zoom

Destinatarios: Persoas interesadas en:

  • Emprender cun pequeno negocio
  • A agricultura ecolóXica, a súa produción e comercialización
  • As particularidades do sector agrícola en Galicia

Obxectivo: Aprender as claves para emprender en agricultura ecolóxica en Galicia, de forma amena e da man de dous emprendedores con moitísima experiencia.

Ponentes:

  • Rosendo Estévez Parada, emprendedor agroecolóxico e copromotor de Trasdeza Natur.
  • Xosé Filloy González, emprendedor con un pequeno comercio ecolóxico en Silleda, Mamasunción.

Programa previsto:

Esta primeira masterclass de 2022 nos trae a dous emprendedores de Silleda que nos contarán, desde a súa experiencia en primeira persoa, as claves para conseguir entrelazar con éxito a produción e a comercialización de produtos ecolóxicos, xa que hai que ter en conta que en Galicia a produción ecolóxica é unha das actividades económicas cun potencial máis desaproveitado, porque se dispón dun recurso clave en abundancia que é a terra, no que é relativamente fácil producir en ecolóxico unha gran diversidade de alimentos, sen embargo o reto está en activar a demanda e impulsar a súa comercialización.

Inscricións:

- Gratuíta a través desta ligazón
- Mais informacion: www.fundacionrobertorivas.org

Martes, 26 April, 2022 - 18:00 to 19:30

Compartir