Nova edición - Itinerario de intercooperación

Espazocoop a través da Rede Eusumo ten por obxecto impulsar os procesos de intercooperación a través deste programa:
 

ITINERARIO DE INTERCOOPERACIÓN - ENCONTRO ASESORÍAS-CONSULTORÍAS
 

Data: 12 de maio

Horario: de 09:30 a 11:30 h

Modalidade: en liña a través da plataforma Zoom

Destinatarios: Cooperativas socias de EspazoCoop de forma preferente e outras cooperativas galegas non asociadas.

Obxectivos: 

  • Presentar o Programa Itinerario de Intercooperación 2022
  • Presentar a sectorial de Asesorías – Consultorías de ESPAZOCOOP, e difundir e potenciar a incorporación de novas cooperativas á mesma.
  • Xerar un espazo de coñecemento mútuo e promoción de posíbeis accións de cooperación entre as cooperativas e persoas participantes.
  • Fomentar a co-creación de proxectos de intercooperación
  • Afondar en temáticas de interese para as cooperativas do sector.
  • Análise e detección de necesidades compartidas.

Programa:

09.30 h - Benvida e presentación das persoas e cooperativas participantes. Presentación da Sectorial de Asesorías e Consultorías de ESPAZOCOOP

10:00 h - Presentación do Programa Itinerarios de Intercooperación – Edición 2022. Presentación de outros programas, actividades e convocatorias públicas de interese para o sector.

10:30 h - Dinámica de traballo en grupos. Se abrirán dúas salas :
Sala 1 - Co-Creación de posibles proxectos de intercooperación: Creación dunha rede de Titoría con consultorías especializadas, creación de espazos coworking para cooperativas en diferentes localidades, entre outros proxectos posibles.
Sala 2 - Modificación da Lei de Cooperativas de Galicia: Análise e recollida de aspectos normativos de interese.

11:15 h - Plenario de recollida do traballo dos grupos e peche do encontro.

Inscrición:

- Gratuíta

- A través desta ligazón.
 

Para máis información: https://espazo.coop/convocatorias-gl/itinerario-de-intercooperacion/

 

Xoves, 12 Maio, 2022 - 09:30 to 11:30

Compartir