Nova edición: Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais en Lourizán

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza o seguinte obradoiro no marco da Rede Eusumo:
GOBERNANZA COOPERATIVA NAS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN LOURIZÁN
Datas: do 21 ao 25 de febreiro
Horario: de 16:00 a 19:00 horas
Lugar: na casa do mercado, Avda. Marqués de Valterra, nº 103.
Destinatarios: persoas interesadas na xestión dos montes veciñais en man común.
Obxectivos:
- Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.
- Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
- Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
- Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.
Programa:
1º sesión: Iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común - 21 de febreiro
2º sesión: Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes - 22 de febreiro
3º sesión: Fiscalidade das comunidades de montes - 23 de febreiro
4º sesión: Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común - 24 de febreiro
5º sesión: Instrumentos de ordenación ou xestión forestal - 25 de febreiro
Inscricións:
- Gratuíta
- A través deste formulario
- Para máis información: agaca@agaca.coop / www.agaca.coop
Se queres visulizalo programa completo preme aquí.