Nova edición: Elabora o teu plan de empresa cooperativo en Boiro

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:
Elabora o teu plan de empresa cooperativo en Boiro
Datas: 9, 12, 17 e 19 de xullo
Horario: de 09:30 a 14:30 horas
Lugar: Centro Sociocultural, rúa Manuel María, 1, Boiro
Duración: 20 horas
Destinatarios: persoas con ideas empresariais para ser desenvolvidas de xeito cooperativo preferentemente.
Obxectivos:
- Mostrar desde o punto de vista práctico as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa
- Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable
- Elaborar conxuntamente os distintos apartados do plan de empresa do noso proxecto
- Avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver e calendario de actuacións
Programa formativo:
Módulo 1- Introdución ao plan de empresa
Módulo 2 - Área Comercial e de Mercado
Módulo 3 - Área Económico-Financeira
Módulo 4 - Área Organizativa e trámites de constitución
Inscricións e máis información: no 981 575 578 / rosa@espazo.coop
Para acceder ao cartel preme aquí.