Nova edición da Mostra: Préndete da economía social

Dentro do programa de formación e asesoramento da USC se encadra a unha nova edición da MOSTRA:

PRÉNDETE DA ECONOMÍA SOCIAL
 

Data: 9 de xuño

Horario: de 11:30 a 19:00 horas

Modalidade: en liña

Obxectivo: xerar un ecosistema real de economía social mediante encontros con persoas emprendedoras e empresas para fomentar networking e transferencia, promover iniciativas emprendedoras mediante charlas sectoriais e talleres e dar a coñecer proxectos de economía social mediante showrooms e catas para aumentar competitividade do sector da economía social, entre outras actividades.

Actividades:

- Participación de empresas de economía social.
- Charlas sectoriais e talleres para promover o emprendemento en sectores emerxentes.
- Showrooms e catas sectoriais en economía social.

Programa:

11:30 h Benvida e recepción de asistentes.

11:35 h Charla: Xestión de datos: Usa o power BI para a toma de decisións na túa entidade.

12:30  h Charla: Enfócate no dixital! Aprende a traballa a venda online da túa entidade.

Descanso --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

16:00  h Charla: Oportunidades: Casas niño, cociña a domicilio, cohousing, empoderamento dos maiores e asistencia a domicilio.

17:00 h Presentacións. Mostra do panel de empresas coa participación de: A Factoría Atelier S. Coop galega / Horsal S. Coop galega / A Milpa do Salnés S. Coop galega / Aqueladas S. Coop Galega Xuvenil

17:30 h Presentacións. Showrooms virtuais coa participación de: Agalterra S. Coop. Galega / Asociación Callejeros Barbanza / Pendiente / Pendiente

18:00 h Charla: A economía circular e ecodeseño - Innovación das entidades de economía social

19:00 h Peche da mostra.
 

Inscrición: a través desta ligazón antes do 6 de xuño ás 23:59 horas.

Para máis información: usceconomiasocial.gal / info@usceconomiasocial.gal / 687 333 709

 

Xoves, 9 June, 2022 - 11:30 to 19:00

Compartir