Nova edición: Aprende a desenvolver o teu proxecto de economía social. Ed. XI

Debido á gran acollida que está tendo o curso de "Aprende a desenvolver o teu proxecto de economía social", sacamos unha nova edición:

TELEFORMACIÓN "APRENDE A DESENVOLVER O TEU PROXECTO DE ECONOMÍA SOCIAL. ED. XI"
 

Data: do 18 de decembro de 2019 ao 13 de xaneiro de 2020

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Obxectivo: este curso recolle diversos capítulos que percorren, dun xeito práctico, as pautas, os recursos e os coñecementos para abordar con éxito un proxecto empresarial de economía social.

Público obxectivo: dirixido a todas as persoas interesadas en emprender baixo as fórmulas de economía social ou que queiran consolidar os seus proxectos empresariais.

Inscrición:

- Gratuíta

Prazo para inscribirse ata o 17 de decembro

- Accede ao formulario de inscrición

- Podes inscribirte tamén no 981558008 ou en eusumo.emprego@xunta.es

Descarga aquí o folleto do curso para coñecer o programa completo.

 

Mércores, 18 December, 2019 - 09:00 to Luns, 13 January, 2020 - 09:00

Compartir