Modificouse o prazo de xustificación das subvencións para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e a promoción do cooperativismo (Orde 3 de xullo de 2015).

ORDE de 29 de outubro de 2015  pola que se modifica o prazo de xustificación  da Orde de 3 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras  das subvencións para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades  laborais e a promoción do cooperativismo, e convócanse para o ano 2015  (DOG número 133, de 16 de xullo).

Artigo único.
Modificar o artigo 57, parágrafo segundo, da Orde de 3 de xullo de 2015  pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento  do emprego en cooperativas e sociedades laborais e a promoción do *cooperativismo, e convócanse para o ano 2015, que queda redactado como segue:
«A data máxima de xustificación das accións subvencionadas será o 26 de novembro de 2015».

Consulte a modificación: ORDEN de 29 de octubre de 2015

 

 

Mércores, 18 November, 2015 - 17:15

Compartir