Liderado grupal: Estratexias para equipos de traballo de centros educativos
XORNADA ESTRATEXIAS PARA EQUIPOS DE TRABALLO DE CENTROS EDUCATIVOS E PRESENTACIÓN DE "ESCOLAS SOSTIBLES"
Data: 4 de maio
Horario: de 09:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:30 horas
Lugar: CIDADE DA CULTURA, Sala Eisenman, Monte Gaiás, s/n, Santiago de Compostela
Duración: 7 horas
Destinatarios: persoas socias e traballadoras das cooperativas de ensino e centros de ensino de economía social de Galicia, así como outras entidades vencelladas ao eido do ensino, profesionais da educación, público interesado, e persoal técnico das entidades do Foro pola Economía Social Galega (Agaca, Cegasal, Aeiga, Aesgal, EspazoCoop) ademáis de outras entidades e redes de economía social e solidaria.
Obxectivos:
- Contribuír á flexibilidade e eficiencia do traballo colaborativo en entornos de aprendizaxe dinámicos.
- Presentar o concepto de “Escola ecolóxica”, indicando cales poden ser as diferentes implicacións segundo o interese ou dispoñibilidade de cada centro: Actividades de sensibilización ambiental, Ecoauditoría escolar (realizada co alumnado), Auditoría de centro (realizada por técnicos ambientais), Plan de mellora ambiental de centro, Sistema de xestión ambiental e Certificacións.
- Dar a coñecer contidos específicos de aforro e eficiencia enerxética que podan contribuír á mellora da xestión empresarial, social e medioambiental.
Programa:
09:30 h: Recepción e entrega de documentación
10:00 h: Presentación da xornada, presentación da Rede Eusumo, e do programa de actividades de Espazocoop dirixido específicamente aos centros de ensino de economía social
10:30 h: Relatorio-Obradoiro “Reflexión sobre o traballo en equipo, estratexias e mellora”. Miguel Ángel Moral Salvidegoitia (Fundación Colegio Vizcaya Fundazioa)
12:00 h: Coffee-Break
12:30 h: Relatorio-Obradoiro “Reflexión sobre o traballo en equipo, estratexias e mellora”. Miguel Ángel Moral Salvidegoitia (Fundación Colegio Vizcaya Fundazioa)
14:00 h: Xantar
16:00 h: Relatorio “Escolas Sostibles”. Susana Soto Fernández (Teixugo S. Coop. Galega) e Pablo Álvarez Fernández (Nosa Enerxía S. Coop. Galega)
18:00 h: Conclusións e Peche Xornada
Inscricións:
- Ata o 2 de maio ás 14:00 horas
- Cota de inscrición de 15 € a ingresar na conta bancaria ES10 3070 0035 2060 2721 0522
- A través do seguinte formulario ou no 986866149 / roberto@espazo.coop
Se queres consultar a ficha informativa preme aquí.