Lánzate a emprender en cooperativa

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza unha nova edición da seguinte actividade formativa:

LÁNZATE A EMPRENDER EN COOPERATIVA EN SOBRADO DOS MONXES

 

Datas: 28/11/19, 03/12/19, 10/12/19 e 10/01/20

Horario: de 10:30 a 13:30 horas e 15:00 a 17:00 horas

Duración: 20 horas

Lugar: Casa do Queixo, rúa Casal de Abaixo, 2, Grixalba, s/n , Sobrado dos Monxes, A Coruña

Destinatarios: Persoas interesadas no emprendemento cooperativo, socias/os e persoal de cooperativas.

Obxectivos: 

- Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial ás persoas desempregadas que queren coñecer a fórmula do autoemprego cooperativo.
- Mostrar desde un punto de vista práctico e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas.
- Coñecer a experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

Módulos formativo:

1º sesión formativa:
- Presentación de Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede Eusumo
- O emprendemento fronte a outras formas de emprego
- O emprendemento colectivo e en cooperativa: Condicións básicas
- Perfl da persoa emprendedora
- As cooperativas fronte a outros tipos de empresas
2º sesión formativa:
- Principios e valores do cooperativismo
- Tipos de Cooperativas
- As cooperativas de traballo asociado
- Aspectos propios das cooperativas de traballo asociado
3º sesión formativa:
- A organización nas sociedades cooperativas
- O réxime económico e fscal nas cooperativas
- A viabilidade económica e societaria
4º sesión formativa:
- Proceso de constitución
- Presentación dunha experiencia cooperativa por persoas integrantes da mesma
- Avaliación do obradoiro

Inscricións:

- gratuíta
- a través do 881887456 / patane@espazo.coop

Se queres visualizar o  cartel preme aquí.

 

Xoves, 28 November, 2019 - 10:30 to Venres, 10 January, 2020 - 17:00

Compartir