Introdución ao Coaching Executivo

Dentro do ámbito da Rede Eusumo, como xa anunciamos neste espazo: o vindeiro 22 de setembro se desenvolverá no Pont-Up Store, unha actividade de Coaching Executivo para os emprendores. Co gallo desta actividade queremos facer un achegamento a esta tipo de técnicas que comprende o Coaching Executivo. 

O Coaching consiste nunha metodoloxía de Mellora Persoal, enmarcada dentro da Psicoloxía e a Dirección de Empresas e un ámbito fundamentalmente empresarial. Como funcións principais ten:

  • Eleva o coñecemento que cres teer sobre  a túa situación actual, tendo en conta todo o teu estado; o que pensas, o que sintes e como te comportas –o teu xeito de facer o que fas-.
  • Axúdache a establecer obxectivos /melloras ecolóxicas, entendendo baixo os principios do coaching que o seu éxito dependerá só das túas acción e que estas non estarán condicionadas nin afectarán de forma significativa a terceiros.
  • Acompáñache no desenvolvemento do teu plan de acción para acadar os novos  obxectivos profesionais.

Que interese pode ter para o emprendedor realizar un programa de coaching?

Entendendo que o Emprendedor e de forma máis significativa o emprendedor Colectivo dentro da Área da Economía Social, é posuidos dunhas características especiais, como son Iniciativa, Creatividade, habilidades sociais, conciencia de Equipo, asunción dunha democracia participativa, compromiso cunha economía real, etc.

Co proceso de coaching todas estas características son reflexionadas para que adquiran un protagonismo verdadeiro e pasen a formar parte dos principios e valores que van dar consistencia e fortaleza no seu día a día na empresa. E se el é quen de expandir as súas habilidades sendo máis consciente das súa realidade e dp seu poder, adquirirá maior capacidade motivadora, potenciadora e enriquecedora para o seu Equipo.

Como realizar unha sesión de coaching executivo?

As ferramentas nas que se apoia o coaching para que se dean procesos de mellora:

  • Da vontade do emprendedor de querer cambiar.
  • De que se asuman uns compromisos de darse tempo para esa escoita acompañada.
  • O coach, como profesional acompaña e dirixe de xeito obxectivo e non  directivo as reflexións e a toma de conciencia do emprendedor.
  • O coach, escoita de forma activa e mediante preguntas xera un ambiente de máxima confianza e confidencialidade en todo o proceso.
  • Todo o proceso diríxese desde o presente cara ao futuro, na procura de culpables nin porqués, esperta a nosa responsabilidade, libera o potencial do emprendedor e os seus para qué serán a enerxía desa vontade sostida necesaria para o cambio/mellora.

O lugar de celebración desta actividade será no  Vicerrectorado da Universidade, Casa das Campás, Rúa Filiberto 9-11, en Pontevedra.

Podes reservar a túa sesión de coaching AQUÍ.

Podes descargar o documento completo de Introdución ao Coaching Executivo.

Máis información da PONT-UP STORE 2016 en www.pontupstore.com

Xoves, 22 September, 2016 - 04:30 to 12:30

Compartir