Informe da economía social en Galicia - 2021

Centro de estudios cooperativos (CECOOP) publica o "Informe da economía social en Galicia 2021" (descargar PDF) .O esquema básico, e o mesmo que o que se estableceu para o Libro Branco no ano 2019.

No informe recóllense os datos estatísticos da economía social e se engadiron dous capítulos para analizar a fiscalidade nas entidades da ES e para recoller unha experiencia de innovación docente en aprendizaxe-servizo no ámbito universitario no que a Economía Social foi a protagonista do mesmo


O traballo estrutúrase en catorce capítulos:

1. Introdución

2. A economía social en galicia: marco xurídico e novidades lexislativas

3. As sociedades cooperativas galegas

4. As sociedades laborais

5. Empresas de inserción 

6. Os centros especiais de emprego 

7. As confrarías de pescadores

8. As sociedades agrarias de transformación

9. As comunidades e mancomunidades de montes veciñais en man común

10. As mutuas de seguros e mutualidades de previsión social

11. Aproximación ao impacto socioeconómico das Sociedades Laborais e Cooperativas en Galicia

12. Políticas públicas para o desenvolvemento da economía social e asociacionismo

13. O sector financeiro cooperativo en galicia

14. Resumo executivo

Mércores, 30 April, 2025 - 13:30

Compartir