Hackathon de economía social 2023

AJE Pontevedra organiza unha nova edición do “Hackathon de economía social” no marco da Rede Eusumo.

Trátase dun espazo onde, a través dunha dinámica de LEGO, axudarase ás persoas a identificar e comprender as necesidades, promover a creatividade na xeración de solucións e fomentar o autocoñecemento persoal e grupal para fortalecer os seus proxectos emprendedores en economía social. 

A actividade levarase a cabo o 25 de outubro de 2023 en modalidade presencial no novo edificio da Xunta de Galicia (Pontevedra). O horario será de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:30 h.

Esta formación está dirixida a persoas emprendedoras, persoas desempregadas, estudantes, persoas en risco de exclusión e público en xeral que busque aprender, compartir e aportar ideas para impulsar proxectos en materia de economía social.

O límite de prazas é de 25 persoas, polo que se estás interesad@, non esquezas inscribirte antes do 23 de outubro a través deste formulario.

Máis información en economiasocial.ajepontevedra.es

Se o precisas, tamén podes contactar a través de economiasocialajepontevedra@gmail.com / 687 33 37 09.

 

Descarga o programa:

 

Mércores, 25 October, 2023 - 11:00 to 19:30

Compartir