Galicia, presente no maior Cumio Europeo sobre economía social

A economía social de Galicia participou no maior Cumio Europeo sobre economía social, que se celebrou en Madrid organizado polo Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES), Social Economy Europe (SEE) e o Goberno de España. En representación do sector na nosa comunidade destacou a presenza da Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, o presidente de Agaca (e vicepresidente de Cepes), José Montes, e o presidente de Espazocoop, Celso Gándara. Todos eles posaron xunto co presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño.
Nesta cume, once países asinaron a Declaración de Madrid sobre a Economía Social: España, Luxemburgo, Portugal, Grecia, Italia, Romanía, Eslovenia, Malta, Bulgaria, Chipre e Suecia.
A inauguración estivo protagonizada polo presidente de SEE e de CEPES, Juan Antonio Pedreño, e a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez.
España, pioneira en economia social
Pedreño incidiu no obxectivo da economía social, que é o de primar o interese xeral antes que o beneficio particular, onde destacan a participación, a solidariedade e a transparencia, entre outros, e sinalou a este modelo como o de futuro da Unión Europea. Fátima Báñez, pola súa banda, matizou que a economía social protexeu ás persoas e mantivo a cohesión social durante a crise que viviu España.
A ministra recalcou que España foi pioneira en Europa, xa que foi o primeiro país en aprobar unha lei que apoia este modelo, e ademais engadiu que isto permitiu que entidades de todos os sectores da economía social dean emprego de calidade e duradeiro no tempo.