Gálica asina a súa adhesión ao Código de Boas Prácticas das Sociedades Cooperativas de Galicia

A Sociedade Cooperativa GÁLICA CONSULTORÍA e FORMACIÓN S.COOP.GALEGA asinou a súa adhesión ao Código de boas prácticas das sociedades cooperativas de Galicia, a través do cal expoñe o seu compromiso a manter un comportamento transparente, honesto e responsable por parte da cooperativa e sos seus membros no seu ámbito de actuación.

Esta asociación ao código de boas prácticas, que se realiza de forma libre e voluntaria, contribúe á reforzar a confianza nas cooperativas, ofrecéndolle vantaxe competitiva e unha mellora nos seus resultados.

Xoves, 1 March, 2018 - 14:45

Compartir