Formación cooperativa para persoas que queren emprender. Edición Vigo

Espazo Coop, a través da Rede Eusumo, organiza unha nova edición da seguinte actividade formativa:
 

FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER

Datas: 30 e 31 de agosto e 6 e 7 de setembro

Horarios: os venres de 18:00 a 22:00 horas e os sábados de 09:00 a 15:00 horas

Duración: 20 horas (4 sesións de 5 horas)

Lugar: Asociación Galicia Fiddle, Rúa Teófilo Llorente,16, (O Berbés) - Vigo

Destinatarios: Persoas desempregadas e aquelas que estando en activo queiran traballar de forma cooperativa.

Obxectivos:

- Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo
- Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e as súas achegas sociais e económicas
- Coñecer unha experiencia real dunha cooperativa en funcionamento

Programa:

Módulo 1: O emprendemento
Módulo 2:  O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego
Módulo 3:  Organización e financiamento
Módulo 4: Experiencia cooperativa

Para consultar o cartel prema aquí.

Inscricións: a través do seguinte formulario ou no 881 88 74 56 / patane@espazo.coop

 

Venres, 30 August, 2019 - 18:00 to Sábado, 7 September, 2019 - 15:00

Compartir