FORMACIÓN PRÁCTICA EN RSE PARA ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL

Curso presencial de 20 horas certificado pola a Xunta de Galicia.

 

DATAS:

24 e 26 de outubro de 2016.

2, 7 e 9 de novembro de 2016.

 

HORARIOS: 16.00-20.00h

LUGAR: Aula 4. Centro de Novas Tecnoloxías de Galida. Rúa Airas N unes, s/n. 15702.  Santiago de Compostela

TEMARIO

 

  • Marco conceptual da RSE
  • A importancia da RSE nas entidades de economía social
  • Metodoloxía para a implantación da RSE nas entidades de economía social
  • Xestión de grupos de interese.
  • Comunicación dende a perspectiva da RSE

 

METODOLOXIA

O desenvolvemento de cada unha das sesións formativas canta cunha parte expositiva ande se introducen os participantes nos principais contidos, así como exercicios prácticos e dinámicas participativas, para a aplicación das metodoloxías presentadas na formación.

 

 

DOCENTES

 

Noelia López

Profesional con máis de nove anos de experiencia como asesora técnica en materia de sustentabilidade e Responsabilidade social en administración públicas e organizacións privadas. Docente en programas de formación continua e posgrao en diferentes institucións académicas do Sistema Universitario Español.

 

Pilar Casals

Profesional dos recursos humanos e a psicoloxía organizacional, con experiencia en desenvolvemento comunitario e posta en marcha de empresas sociais para departamentos de responsabilidade social. Docente en materia de comunicación interna e bo clima laboral en empresas públicas e privadas, xunto coa implantación de políticas debo goberno e códigos de conduta.

 

Para inscribirse neste curso poden enviar os seus datos persoais, entidade, teléfono e e-mail de contacto a: rse.economiasocial@gmail.com

Ou a través do teléfono: 676.531.453

Martes, 11 October, 2016 - 11:15

Compartir