Feira Sectorial do Cooperativismo San Xoan de Río

O Concello de San Xoan de Río organiza a "Feira Sectorial do Cooperativismo San Xoan de Río" en colaboración co Concello de Boborás e no marco da Rede Eusumo.
Data: 20 de outubro
Horario: de 11:00 h a 18:00 h
Modalidade: Presencial
Lugar: Praza da Igualdade de San Xoán de Río
Obxectivos:
- Fomentar entre a cidadanía e o público en xeral os valores transmitidos pola economía social e o cooperativismo
- Darlles a posibilidade ás entidades de amosar os seus produtos e/ou servizos ao público
- Ofrecer unha vía de emprendemento entre as persoas traballadoras da zona ofecendo a posibilidade de manter un contacto directo durante todo o evento coas entidades expositoras
- Promover o papel da Muller na Economía Social
- Acrecentar o xerme emprendedor entre os mozos e mozas que están a formarse
Programa:
11:00h - Inauguración
11:20h - Presentación proxectos de economía social por sectores:
- Economía dos coidados
- Agroalimentación
- Productos locais e alimentación sostible
- Economía circular e xestión de residuos
- Enerxías renovables e transición enerxética
- Industrias culturais
- Novas tecnoloxías
12:00h - Quiz de Economía Social para Mulleres
12:30h - Concerto
14:00h - Comida-Networking
16:00h - Monopoly Rural
17:30h - Quiz de Economía Social para Mozos/as
18:00h - Presentación final de todas as iniciativas presentes e clausura
Persoas destinatarias:
- Público en xeral
Máis información: contacta a través do 657 833 540
Descarga o cartel
Domingo, 20 October, 2024 - 11:00 to 18:00