A Estrada acolle un obradoiro de fórmulas de mellora do autoemprego cooperativo

A Estrada acolle un obradoiro de fórmulas de mellora do autoemprego cooperativo

  •     A inscrición no Obradoiro "A fórmula cooperativa como empresa: autoemprego cooperativo" pode efectuarse xa a través do correo electrónico agaca@agaca.coop, da páxina web www.agaca.coop ou dos teléfonos 981 584 783 / 981 584 911. É gratuíto.
  •     A iniciativa é parte da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, impulsada dende a Consellería de Traballo e Benestar.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2015. - Esta acción formativa está dirixida a persoas que se encontren en fase de desenvolvemento dun proxecto de negocio cooperativo no medio rural e afonda en técnicas de optimización de estratexias empresariais.
Os contidos principais, impartidos por técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, son: conceptos empresariais, fiscais e contables; regulamento cooperativo; habilidades directivas e resolución de conflitos; participación e liderado das mulleres; comercialización e internacionalización e planificación estratéxica.
As clases levaranse a cabo en 7 sesións entre o 6 e o 15 de xullo, no Centro Rede Eusumo Fundación Cultural da Estrada,  en Avda. Benito Vigo, 94, 2º planta.
A Rede Eusumo é unha iniciativa de intercooperación impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar. Con ela procúrase fomentar o espírito emprendedor no ámbito local, comarcal e transfronteirizo prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social, no territorio de actuación.

Máis información:

 

Venres, 19 June, 2015 - 11:45 to Domingo, 19 July, 2015 - 11:45

Compartir