As entidades da Economía Social poden participar como coexpositoras nas diferentes feiras.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración abre a posibilidade para que as entidades da Economía Social participen nos stands institucionais de diversas feiras.
Esta iniciativa, ten como obxectivo dar visibilidade as empresas, mellorar a comercialización dos seus produtos e facilitar o contacto directo con público e profesionais.
Como participar
1.- Descargar e cubrir os modelos da web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no seguinte enlace.
- Modelo de declaración responsable que debe remitirse asinado
- Modelo de exposición de productos
- Solicitude xeral PR004A
Os tres documentos deberán remitirse a través da sede electrónica dirixido á Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social no seguinte enlace.
2.- Unha vez valoradas e axustadas as solicitudes, se a cooperativa é seleccionada avisaráselle a través do seu correo electrónico e os seus datos serán remitidos á organización feiral.
3.- As cooperativas seleccionadas comunicaráselles por correo electrónico e deberán contestar confirmando a aceptación.
Documentación necesaria