Encontro Sectorial de Ensino
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o "Encontro Sectorial de Ensino" dentro do Programa Consolida+ Consolidando ás Cooperativas da Unión de Cooperativas EspazoCoop, no marco da Rede Eusumo.
Data: 24 de febreiro
Horario: de 10:00 h a 14:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Colexio Guillelme Brown (A Merteira, Ourense)
Obxectivos:
- Presentar o Programa CONSOLIDA+ 2024.
- Compartir entre as cooperativas asistentes cal e a situación actual do ensino concertado en Galicia e as perspectivas para os vindeiros meses (renovación concertos, aprobación xubilación parcial anticipada, comedores escolares, baixada ratio alumno/aula, gratuidade actividades extraescolares, liñas axudas economía social, cambios lexislativos en materia cooperativa), de cara a que os centros cooperativos de ensino teñan unhas liñas directrices á hora de traballar na súa organización interna.
- Proposta de campaña conxunta para o período de matriculación 2024-2025, a través de redes sociais, empregando a condición de entidades de economía social como elemento diferenciador e de valor fronte ao resto propostas no eido do ensino concertado.
- Xerar un espazo de coñecemento mutuo e promoción de posibles accións de cooperación entre as cooperativas e persoas participantes.
- Visita ás instalacións do Colexio Guilleme Brown.
Persoas e entidades destinatarias:
- Cooperativas socias de EspazoCoop de forma preferente.
- Outras cooperativas galegas (non asociadas á Unión) e centros de ensino xestionados baixo outras fórmulas de economía social.
Programa e contidos:
10:00 h. - Benvida e presentación das persoas e cooperativas participantes
10:15 h. - Presentación do Programa CONSOLIDA+ – Edición 2024
10:30 h. - Posta en común sobre a situación do ensino concertado en Galicia e perspectivas para os vindeiros meses
11:15 h. - Proposta de campaña conxunta dos centros de ensino de economía social de Galicia para o vindeiro periodo de matriculación do alumnado
12:15 h. - Pausa Café
12:45 h. - Visita ás instalacións de Guillelme Brown S. Coop. Galega
14:00 h. - Peche do encontro
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web espazo.coop