EMPRENDER EN SOLIDARIO:Formación cooperativa para persoas que queren emprender (Vigo)

Con este curso preténdese divulgar as posibilidades e vantaxas de emprender baixo unha fórmula empresarial de economía social: o modelo cooperativo. Tamén se dará a coñecer as testemuñas de persoas que xa emprenderon en cooperativa.

Obxectivos:

Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo.
Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e as súas achegas sociais e económicas.

Coñecer unha experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

PROGRAMA:

Módulo 1.- O emprendemento.
Módulo 2.- O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego.
Módulo 3.- Organización e financiamento.
Módulo 4.- Experiencia cooperativa.

CONTIDOS:

  • 1º sesión.- Presentación de Ugacota e da Rede Eusumo. O emprendemento fronte a outras formas de emprego. O emprendemento colectivo e en cooperativa: Condicións básicas. Perfil da persoa emprendedora. As cooperativas fronte a outros tipos de empresas.
  • 2º sesión.- Principios e valores do cooperativismo. Tipos de Cooperativas. As cooperativas de traballo asociado. Aspectos propios das cooperativas de traballo asociado.
  • 3º sesión.- A organización nas sociedades cooperativas. O réxime económico e fiscal nas cooperativas. A viabilidade económica e societaria. Proceso de constitución.
  • 4º sesión.- Experiencia cooperativa.

DIRIXIDO A
Persoas desempregadas e aquelas, que estando en activo, queiran traballar de forma cooperativa.
Grupo mínimo: 12 persoas
Grupo máximo: 20 persoas

 

DATA INICIO 08/03/2016 DATA FIN 11/03/2016 DURACIÓN 20 horas
HORARIO De 9.30 a 14.30h
LUGAR CELEBRACIÓN: Entidade Adherida á Rede Eusumo na Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, Rúa República Arxentina, 18 A – 36201 VIGO.

Persoa de contacto Nuria González
teléfono 986 136 592
e-mail nuria@ugacota.coop

 

Inscrición: Preme aquí

Descarga do PROGRAMA

 

 

Martes, 8 March, 2016 - 03:30 to Venres, 11 March, 2016 - 08:30

Compartir