Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio

Agaca (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) organiza o obradoiro ‘Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio’ no marco da Rede Eusumo.
Levarase a cabo en modalidade en liña a través da plataforma Zoom do 1 ao 11 de agosto de 2023.
Os obxectivos desta actividade son:
- Comprender o concepto de empresa cooperativa e da persoa emprendedora e valorar o seu papel como axente xerador de riqueza e motor económico no ámbito rural.
- Valorar a importancia do asociacionismo como fonte de dinamización social e medio de sumar esforzos e compartir ideais.
- Coñecer oportunidades de negocio que existen no medio rural e acceder a contactos para desenvolver proxectos novidosos.
- Definir aspectos xerais e elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural.
- Coñecer apoios que poden prestar as cooperativas á xuventude con proxectos de emprendemento no medio rural.
As sesións desta actividade gratuíta serán as seguintes:
1ª Sesión - 1 de agosto. Por que emprender?
2ª Sesión - 3 de agosto. Xeración e maduración de ideas para un proxecto emprendedor no medio rural
3ª Sesión - 7 de agosto. 12 oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural
4ª Sesión - 9 de agosto. A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento
5ª Sesión - 11 de agosto. Elaboración do plan emprendedor
Se estás interesad@, inscríbete mediante este formulario ou en agaca@agaca.coop.
Podes consultar o cartel completo.
Para máis información, contacta a través de agaca@agaca.coop / 981 584 783.