Emprendemeno na economía social para persoas con discapacidade

IN-RED (Asociación empresarial galega da discapacidade con especiais necesidades) e EspazoCoop (Unión de cooperativas galegas) organizan a actividade 'Emprendemeno na economía social para persoas con discapacidade' no marco da Rede Eusumo.

Trátase dunha xornada divulgativa en modalidade en liña que se levará a cabo os días 26 e 27 de outubro de 2023 a través da plataforma Zoom, en horario de 10:00 h a 13:00 h.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer fórmulas de emprendemento na economía social (cooperativas e sociedades laborais) como unha modalidade para favorecer o emprego das persoascon discapacidade.

As persoas participantes terán a oportunidade de coñecer o “Manual da Cooperativa” en lectura fácil, elaborado pola Asociación San Xerome Emiliani (A Guarda - Pontevedra).

Este obradoiro vai destinado tanto ao persoal directivo e esponsables de formación e emprego de centros especias de emprego de iniciativa social (CEEIS) e entidades promotoras, así como a persoas con discapacidade, en particular as que están a participar no programapiloto de FP Dual Adaptada promovido pola Xunta de Galicia.

Os relatores destas xornadas serán:

  • Saúdo de representantes de IN-RED e ESPAZO COOP
  • Ramón Carmelo Rodríguez - ESPAZO COOP
  • Representantes da ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI

Se estás interesad@ en asistir, inscríbete a través deste formulario.

Para máis información, non dubides en poñerte en contacto en inred@inred.gal / 625 79 99 78.

 

Descarga o programa

 

Xoves, 26 October, 2023 - 10:00 to Venres, 27 October, 2023 - 13:00

Compartir